Nyhavn

As fachadas de cores do Nyhavn

Nyhavn (literalmente, “Porto Novo”, pronunciado en dinamarqués ˈnyhɑʊ̯ˀn) é unha canle e peirao convertido en paseo marítimo e zona de lecer do século XVII situado en Copenhague, Dinamarca. Esténdese dende Kongens Nytorv até o porto, xusto ao sur do Teatro Real. Caracterízase polas fachadas de vivas cores dos seus edificios e hostais, contruídos entre os séculos XVII e comezos do XVIII. Noutrora zona de feira de peixe, tabernas e prostitución, hoxe está ateigado de bares, cafetarías e restaurantes, sendo o lugar turístico máis visitado de toda Dinamarca. Serve como un "porto patrimonial", e ten moitos barcos históricos de madeira.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne