O Ciprianillo | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Livro de São Cipriano e Libro de San Cipriano |
Lingua | lingua castelá e lingua portuguesa |
Xénero(s) | grimório |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ciprianillo é o nome dun libro máxico, publicado baixo diversos títulos, que describe distintos procedementos (ensalmos e rituais) para atopar os tesouros que os mouros agocharon en covas, castelos ou castros. Secundariamente, o libro ensina tamén a chamar e esconxurar o demo, combater o mal de ollo, adiviñar o oculto e diversos remedios máxicos de todo tipo, feitizos de amor (e de desamor) e outros.
Non se pode falar, realmente, dun Libro de San Cibrán senón dunha colección de versións ou traducións de contidos diferentes e atribuídos a mans diferentes. Todos eles arróganse o carácter de auténtico, o verdadeiro, o único, sen base ningunha que xustifique tal mérito.