O demo no corpo | |
---|---|
Título orixinal | Le Diable au corps |
Autor/a | Raymond Radiguet |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Tema(s) | Primeira guerra mundial, L'Amour e sen etiquetar |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Formato | Tapas duras |
ISBN | ISBN 978-84-945411-2-4 (gl) |
Tradución | Samuel Solleiro |
[ editar datos en Wikidata ] |
O demo no corpo[1] (en francés: Le Diable au corps) é unha novela escrita por Raymond Radiguet publicada orixinalmente no ano 1923. Conta a historia dunha muller casada nova que ten unha aventura cun rapaz de dezaseis anos mentres o seu marido está lonxe loitando na fronte, o cal provoca un escándalo nun país que aínda acaba de pasar pola primeira guerra mundial. Aínda que Radiguet o negou, estabeleceuse posteriormente que parte da historia era autobiográfica.[2] A crítica, que inicialmente desprezaban a intensa campaña publicitaria para o lanzamento do libro (algo que normalmente non estaba asociado a obras de mérito literario da época) foi finalmente conquistada pola calidade da escritura de Radiguet e o seu estilo sobrio e obxectivo.
Foi traducida ó galego por Samuel Solleiro[3] e foi publicado pola editorial Irmás Cartoné no ano 2016.[1]