OPERA (experimento)

O Oscillation Project with Emulsion-tRacking Apparatus (OPERA) foi un instrumento utilizado nun experimento científico para detectar neutrinos tauónicos a partir de oscilacións de neutrinos muónicos. Foi unha colaboración entre o CERN en Xenebra, Suíza, e o Laboratori Nazionali del Gran Sasso (LNGS) en Gran Sasso, Italia, usando o feixe de neutrinos "CERN Neutrinos to Gran Sasso" (CNGS), enviando neutrinos dende o CERN a Gran Sasso.

O proceso arrancaba con protóns do Super Protón Sincrotrón (SPS) do CERN lanzados en pulsos sobre un obxectivo de carbono para producir pións e kaóns. Estas partículas desintégranse e producen muóns e neutrinos.[1]

O feixe enviado dende o CERN foi parado o 3 de decembro de 2012, rematando a toma de datos, pero continuouse a súa análise.[2]

  1. "Faster than the speed of light?". web.archive.org. 2014-02-01. Archived from the original on 01 de febreiro de 2014. Consultado o 2020-12-08. 
  2. "News and Updates". News and Updates (en inglés). 2018-05-21. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-12-08. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne