OU-124 | |
---|---|
![]() Cartel do límite provincial de Ourense e Zamora | |
Identificador | ![]() |
Tipoloxía | Estrada da Rede Secundaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | ![]() |
Dimensións | |
Lonxitude | 8,61 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-525 A Vilavella |
Fin | ZA-102 Pradorramisquedo |
Concellos que atravesa
|
A OU-124[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades da Vilavella (A Mezquita) e Pradorramisquedo (Viana do Bolo); atravesa os concellos da Mezquita e Viana do Bolo. Ten unha lonxitude de 8,61 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 na Vilavella (A Mezquita) e finaliza nun cruzamento coa ZA-102 en Pradorramisquedo (Viana do Bolo) co límite provincial de Ourense e Zamora (Castela e León). Esta estrada esta dividida en 2 treitos, un na zona sueste da provincia de Ourense co concello da Mezquita (1,11 quilómetros) e outro na zona este da provincia de Ourense co concello de Viana do Bolo (7,5 quilómetros), polo que divide á estrada castelá-leonesa ZA-102 en 2 treitos, nos concellos de Pías e Porto da provincia de Zamora.