O Castro, Cerdido, Cerdido

O Castro
ParroquiaCerdido
ConcelloCerdido
Coordenadas43°37′13″N 7°59′41″O / 43.620172585894, -7.9948421920777
editar datos en Wikidata ]

O Castro é un lugar da parroquia de Cerdido no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística .

Neste lugar, como propiamente indica o topónimo, hai un castro onde os emigrantes do concello en América ergueron unha escola en 1932, para a educación dos nenos a través da Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido. Na década dos 80 o concello, coa axuda da Deputación da Coruña, construíu unha área recreativa con piscina climatizada, parque infantil e merendeiros, estragando parte do castro.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne