O Castro | |
---|---|
Indicador no complexo de Cerámicas do Castro. | |
Parroquia | Osedo |
Concello | Sada |
Coordenadas | 43°20′20″N 8°16′13″O / 43.33888889, -8.27027778 |
Poboación | 244 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castro ou O Castro de Samoedo é un lugar da parroquia de Osedo no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Non debe confundirse co lugar de Samoedo na veciña parroquia de Sada. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 244 habitantes (112 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2009.
Neste lugar sitúase o complexo de Cerámicas do Castro, xerme da etapa contemporánea do Grupo Sargadelos. Neste complexo están a fábrica de cerámica do Castro, as Ediciós do Castro e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.