O cabaleiro escuro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Dark Knight |
Director | Christopher Nolan |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Personaxes de banda deseñada de DC Comics |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Wally Pfister |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | Nova York: 14 de xullo de 2008![]() ![]() |
Duración | 152 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Acción e suspense |
Orzamento | 185 000 000 $[3] |
Recadación | 1 005 000 000 $[3] |
Filme anterior | Batman empeza |
Filme seguinte | O cabaleiro escuro: a lenda renace |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/dark-knight | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O cabaleiro escuro (en inglés: The Dark Knight) é un filme de superheroes de 2008 dirixido, producido e coescrito por Christopher Nolan. Secuela do filme Batman empeza (2005), baséase como aquel en Batman, personaxe de banda deseñada de DC Comics. Está protagonizado por Christian Bale, Michael Caine, Heath Ledger, Gary Oldman, Aaron Eckhart, Maggie Gyllenhaal e Morgan Freeman. O argumento do filme céntrase na loita de Bruce Wayne / Batman (Bale), o tenente James Gordon (Oldman) e o fiscal do distrito Harvey Dent (Eckhart) que forman unha alianza para desmantelar o crime organizado en Gotham City, pero son ameazados pola mente mestra anarquista coñecida como o Joker (Ledger), que quere socavar a influencia de Batman e converter a cidade nun caos.
A inspiración de Nolan para o filme foi a banda deseñada do Joker de 1940, a novela gráfica de 1988 The Killing Joke e a serie de 1996 The Long Halloween, que conta a orixe de Two-Face. O alcume "Cabaleiro escuro" foi usado para describir a Batman en Batman #1 (1940), nunha historia escrita por Bill Finger.[4][5] O cabaleiro escuro foi rodado principalmente en Chicago, así como noutras localizacións dos Estados Unidos, o Reino Unido e Hong Kong. Nolan usou cámaras IMAX 70 mm para rodar algunhas secuencias, incluíndo a primeira aparición do Joker no filme. Warner Bros. creou inicialmente unha campaña de mercadotecnia viral para O cabaleiro escuro, desenvolvendo páxinas web promocionais e tráileres que recollían escenas de Ledger como o Joker. Ledger morreu o 22 de xaneiro de 2008, algúns meses despois de completar a rodaxe e seis meses antes da súa estrea, por mor dunha combinación tóxica de medicimentos de prescripción médica, o cal incrementou a atención dos medios de comunicación e a asistencia nos cinemas.
Unha coprodución entre os Estados Unidos e o Reino Unido, O cabaleiro escuro estreouse o 18 de xullo de 2008 nos Estados Unidos e o 25 de xullo no Reino Unido. A crítica considerouno un dos mellores filmes da década de 2000 e un dos mellores filmes de superheroes de tódolos tempos;[6][7] o filme recibiu valoración moi positivas, especialmente pola súa acción, banda sonora, guión, interpretacións (en particular a de Ledger), efectos visuais e dirección, estabelecendo numerosos récords durante a súa etapa de proxección.[8] O cabaleiro escuro apareceu nas listas dos dez mellores para 287 críticos especializados, máis que ningún outro filme de 2008, agás WALL-E, e moitos críticos (77) consideraron O cabaleiro escuro como o mellor filme dese ano.[9] Con máis dun billón de dólares de recadación en todo o mundo, converteuse no filme con maior recadación de 2008 e o número 36 de tódolos tempos, non axustado pola inflación (4º no momento da súa estrea); tamén marcou un récord como a estrea doméstica con maior recadación, con 158 millóns de dólares, un récord que mantivo durante tres anos.[10] O filme recibiu oito nomeamentos ós Premios Óscar; gañou os premios de mellor edición de son e Ledger conseguiu postumamente o de mellor actor secundario.[11] O cabaleiro escuro: a lenda renace, o título final da triloxía, foi estreado o 20 de xullo de 2012.
Estreouse en galego na TVG o 22 de marzo de 2012.[12]