O curioso caso de Benjamin Button | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | The Curious Case of Benjamin Button |
Autor/a | F. Scott Fitzgerald |
Orixe | ![]() |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | relato |
Data de pub. | 27 de maio de 1922 |
Tradución | Rafael Rodríguez Salgueiro |
[ editar datos en Wikidata ] |
O curioso caso de Benjamin Button[1] (no orixinal inglés The Curious Case of Benjamin Button) é unha historia curta escrita por F. Scott Fitzgerald que foi publicada na revista Colliers o 27 de maio de 1922. Posteriormente foi recollida na antoloxía Tales of the Jazz Age, que foi publicada ocasionalmente como The Curious Case of Benjamin Button and Other Jazz Age Stories.[2] Os dereitos de explotación da historia foron propiedade durante anos do magnate de Hollywood Ray Stark. Stark mantivo eses dereitos ata a súa morte no 2004, cando foron adquiridos a partir da súa propiedade e utilizados para a adaptación de 2008 O curioso caso de Benjamin Button, dirixida por David Fincher.