O derradeiro dos mohicanos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Last of the Mohicans |
Director | Michael Mann |
Produtor | Michael Mann Hunt Lowry James G. Robinson |
Guión | adaptado por Christopher Crowe Michael Mann |
Baseado en | O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper |
Intérpretes | Daniel Day-Lewis Madeleine Stowe Wes Studi Russell Means Eric Schweig Pete Postlethwaite Steven Waddington Jodhi May |
Música | Trevor Jones Randy Edelman Daniel Lanois Howard Shore |
Fotografía | Dante Spinotti |
Montaxe | Dov Hoenig Arthur Schmidt |
Estudio | Morgan Creek Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | ![]() ![]() ![]() |
Duración | 112 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $40 000 000[2] |
Recadación | $75 505 856 (USA)[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O derradeiro dos mohicanos[3] (en inglés: The Last of the Mohicans) é un filme estadounidense de aventuras dirixido por Michael Mann que se estreou en 1992. Baséase na novela O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper, ambientada en 1757, durante a guerra franco-india. Está protagonizado por Daniel Day-Lewis, Madeleine Stowe e Jodhi May, xunto con Russell Means, Wes Studi, Eric Schweig e Steven Waddington nos papeis secundarios.
A banda sonora é obra de Trevor Jones e Randy Edelman, e a canción "I Will Find You" é do grupo musical Clannad. O tema principal do filme é "The Gael" do cantante escocés Dougie MacLean. Estreado o 25 de setembro de 1992 nos Estados Unidos, The Last of the Mohicans recibiu aclamacións da crítica e tivo un grande éxito na recadación.
Estreouse en galego,o 16 de novembro de 2022 a través da TVG,[4][5] traducida por Manuel Arca e dobrada en Studio XXI da Coruña.[6]