O home que puido reinar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Man Who Would Be King |
Director | John Huston |
Produtor | John Foreman |
Guión | The Man Who Would Be King de Rudyard Kipling |
Baseado en | John Huston Gladys Hill |
Intérpretes | |
Música | Maurice Jarre |
Fotografía | Oswald Morris |
Montaxe | Russell Lloyd |
Distribuidora | Columbia Pictures (internacional) Allied Artists Pictures Corporation (América do Norte) |
Estrea | 19 de decembro de 1975[1] |
Orixe | ![]() ![]() |
Orzamento | 8,5 millóns de dólares[2] |
Recadación | 11 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O home que puido reinar (en inglés: The Man Who Would Be King) é un filme británico-estadounidense de 1975 dirixido por John Huston. É unha adaptación da novela de 1888 The Man Who Would Be King, de Rudyard Kipling. Está protagonizado por Sean Connery, Michael Caine, Saeed Jaffrey e Christopher Plummer como Kipling (dándolle nome ao narrador anónimo da novela). O filme conta a historia de dous exsoldados, antigos suboficiais do Exército Británico, que a finais do século XIX partiron da India Británica na procura de aventuras e acaban no afastado Kafiristán, onde un deles é tomado por un deus e feito o seu rei.