O nome da rosa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Der Name der Rose |
Director | Jean-Jacques Annaud |
Produtor | Bernd Eichinger Franco Cristaldi Jake Eberts Alexandre Mnouchkine Bernd Schaefers Thomas Schühly Herman Weigel |
Guión | Andrew Birkin Gérard Brach Howard Franklin Alain Godard |
Baseado en | O nome da rosa de Umberto Eco |
Intérpretes | Sean Connery Christian Slater Michael Lonsdale Ron Perlman F. Murray Abraham |
Música | James Horner |
Fotografía | Tonino Delli Colli |
Montaxe | Jane Seitz |
Distribuidora | Neue Constantin Film Acteurs Auteurs Associés |
Estrea | 1986 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $17.000.000[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O nome da rosa (en italiano: Il nome della rosa, en alemán: Der Name der Rose e en francés: Le nom de la rose) é un filme dirixido polo francés Jean-Jacques Annaud estreado en 1986. Baséase na novela homónima escrita por Umberto Eco e protagonizado por Sean Connery como o freire franciscano Guillerme de Baskerville e Christian Slater como o novizo Adso de Melk. Este último protagonizaba unha escena sexual con Valentina Vargas que contribuíu ó seu lanzamento como símbolo sexual da mocidade.
Foi emitido na TVG o 18 de xaneiro de 1991.[2]