O sexto sentido | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Sixth Sense |
Director | M. Night Shyamalan |
Produtor | Kathleen Kennedy Frank Marshall Barry Mendel |
Guión | M. Night Shyamalan |
Intérpretes | Bruce Willis Haley Joel Osment Toni Collette Olivia Williams |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Tak Fujimoto |
Montaxe | Andrew Mondshein |
Estudio | Hollywood Pictures Spyglass Entertainment The Kennedy/Marshall Company |
Distribuidora | Hollywood Pictures |
Estrea | 2 de agosto de 1999 (Premier) 6 de agosto de 1999 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $40 000 000[1] |
Recadación | $672 800 000 |
Na rede | |
O sexto sentido (en inglés: The Sixth Sense) é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou en 1999. O filme conta a historia de Cole Sear (Haley Joel Osment), un neno que é quen de ver e falar cos mortos, e o seu psicólogo (Bruce Willis), que trata de axudalo. O filme afirmou a Shyamalan como guionista e director, e introduciu ó público ó seu particular cine, que se caracteriza polos seus finais sorprendentes.
Dende o momento da súa estrea, foi aclamado pola crítica, que fixo especial fincapé nas actuacións (especialmente de Osment e Willis), a súa atmosfera, e o seu sorprendente final. O filme foi o segundo en recadación de 1999 (detrás de Star Wars Episode I: The Phantom Menace), conseguindo 293 millóns nos Estados Unidos e 379 millóns internacionalmente. Foi nomeado a 6 Premios Óscar, incluíndo a categoría de mellor filme.