Obrint Pas | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Valencia, Países Cataláns |
Xénero(s) | Ska, rock, reggae |
Selo(s) discográfico(s) | Propaganda pel Fet 45 revolucions |
Membros | Xavi Sarrià: guitarras e voz Jaume Guerra: baixo Miquel Gironès: percusión, dulzaina e voz Ximo Tomàs Maki: batería Robert Fernàndez: guitarra Miquel Ramos: teclados, samplers e voz Albert Benavent: trompeta Chola: bases Marcos Úbeda: trombón Jaume Figueres: son |
Na rede | |
http://www.obrintpas.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Obrint Pas (en catalán, abrindo paso) é un grupo de música procedente do país Valenciano. A súa música é unha mestura de rock, ska e reggae, con melodías e instrumentos tradicionais, entre os que destaca a dulzaina. A temática das súas cancións adoita xirar en torno a cuestións tales como o independentismo catalán, a unidade territorial e lingüística dos Países Cataláns e a defensa do seu idioma, así como da súa cultura e tradicións. Tamén trata temas antifascistas e antirracistas.