A obstetricia (ou tocoloxía), palabra que chega do verbo latino obstare "agardar, estar á espera", é unha rama das ciencias da saúde que se ocupa do embarazo, parto e puerperio, comprendendo tamén os aspectos psicolóxicos e sociais da maternidade. As profesionais da saúde especializadas en atender os partos normais chámanse matronas, comadroas ou parteiras.