Oceansize | |
---|---|
Mike Vennart a contraluz, nun concerto de Oceansize en Madrid. | |
Orixe | Manchester , |
Período | 1998 - 2011 |
Xénero(s) | rock progresivo, post-rock, space rock, New Prog |
Selo(s) discográfico(s) | Superball Music, Beggars Banquet Records |
Membros | Mike Vennart Steve Durose Gambler Mark Heron Steven Hodson |
Antigos membros | Jon Ellis |
Artistas relacionados | British Theatre, Kong, Pocketknife, USA Nails, Biffy Clyro, Vennart |
Na rede | |
http://www.oceansize.co.uk/ | |
Oceansize foi unha banda de rock inglesa procedente de Manchester e formada no ano 1998. Estaba composta por Mike Vennart (voces, guitarra), Steve Durose (guitarra, coros, Richard "Gambler" Ingram (guitarra, teclados), Mark Heron (batería) e Steve Hodson (baixo). Ata a súa disolución como banda en febreiro de 2011 editou catro álbums de estudio ademais dun feixe de EPs e sinxelos. O grupo ten sido categorizado como de rock progresivo, post-rock, rock alternativo, new prog e space rock, entre outros xéneros. O nome da banda está sacado da canción de Jane's Addiction "Ocean Size".