Odelay | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Beck | ||||
Publicado | 18 de xuño de 1996 | |||
Gravación | 1994 – 1995 | |||
Estudio(s) | PCP Labs, G-Son Studios, The Shop, Sunset Sound, Conway Studios | |||
Duración | 54:13 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, anti-folk | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Produtor | Beck Hansen, The Dust Brothers, Mario Caldato, Jr, Brian Paulson, Tom Rothrock, Rob Schnapf | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Odelay é o quinto álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado o 18 de xuño de 1996 polo selo Geffen Records. Despois do éxito de "Loser", Odelay conseguiu varios sinxelos soados, incluíndo "Where It's At", "Devils Haircut" e "The New Pollution". O álbum acadou no número 16 na lista Billboard 200 e co tempo vendeu ao redor dos 2 millóns de copias nos Estados Unidos. Tamén foi o primeiro álbum exitoso no Reino Unido, sendo número 17 nas listas e conseguindo o disco de platino.
O 29 de xaneiro do 2008 Odelay foi relanzado nunha edición con dous discos cun bo feixe de cancións extra. De cara ao mes de xullo dese ano o álbum levaba vendidas 2,3 millóns de unidades nos Estados Unidos.[1] No ano 2003 foi colocado no número 306 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".[2]