of Montreal | |
---|---|
Orixe | Athens, Xeorxia, |
Período | 1996 - presente |
Xénero(s) | indie pop, indie rock, neopsicodelia, pop psicodélico, glam rock, funk, R&B |
Selo(s) discográfico(s) | Polyvinyl, Kindercore, Bar/None |
Membros | Kevin Barnes Bryan Poole Dottie Alexander Davey Pierce Clayton Rychlik K Ishibashi Nicholas Dobbratz Thayer Sarrano |
Artistas relacionados | Elf Power, The Olivia Tremor Control, Circulatory System, Jupiter One, Solange Knowles, Yip Deceiver, Janelle Monáe |
Na rede | |
ofmontreal.net | |
of Montreal é unha banda de indie rock estadounidense procedente de Athens (Xeorxia). Foi fundada polo seu líder Kevin Barnes en 1996, e tomou o nome despois dun romance errado cunha muller "of Montreal" (de Montreal). A banda é unha das integrantes do colectivo Elephant 6. Ao longo da súa carreira, o estilo musical de of Montreal evolucionou dende o vodevil e o twee pop psicodélico influenciado por The Beatles ata unha mestura de electrónica, funk, glam e música afrobeat con influencias de Prince e David Bowie.