Ofensiva do Somme

Ofensiva do Somme
Parte de Primeira guerra mundial

Tipo batalla Editar o valor en Wikidata
Data 1 de xullo - 18 de novembro de 1916
Inicio 1 de xullo de 1916 Editar o valor en Wikidata
Final 17 de novembro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Localización Somme, Francia
Resultado Incerto
Belixerantes
Reino Unido
República Francesa
Canadá
Terra Nova e Labrador
Suráfrica
Australia
Nova Zelandia
Imperio Alemán
Forzas en combate
13 divisións británicas e 6 francesas (ao inicio)
51 divisións británicas (ao final)
10,5 divisiones (ao inicio)
50 divisións (ao final)
Baixas
419.654 británicos e da Commonwealth
204.253 franceses
623.907 en total
(146.431 mortos ou desaparecidos)
100 tanques e 782 avións da RFC destruídos.
De 435.000
(164.055 mortos ou desaparecidos)

A ofensiva ou batalla do Somme foi unha das maiores operacións da primeira guerra mundial. Organizouse coma a batalla que rompería as liñas xermanas. Unha gran parte das tropas alemás atopábanse despregadas no ataque á cidade francesa de Verdún (batalla de Verdún). O alto mando francés pediulle axuda aos seus aliados británicos para aliviar a presión sobre Verdún.

A batalla comezou o 1 de xullo de 1916 e rematou o 18 de novembro do mesmo ano. Ao final do combate estimouse que as baixas aliadas (británicos, franceses, australianos, canadenses e soldados procedentes doutras rexións do Imperio Británico) foron de máis de 623.000 homes (aproximadamente 143.000 mortos), 100 tanques e 782 avións; mentres que as baixas alemás foron duns 435.000 soldados, dos cales 164.000 morreron.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne