Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
O termo oficial[1][2] corresponde á carreira, categoría ou nivel, que os efectivos ostentan desde o rango ou grao desde alférez ou subtenente ata xeneral, capitán xeneral ou mariscal de campo, das forzas armadas ou as forzas de seguridade dunha nación; que adquiren ao finalizaren os seus estudos nas respectivas Escolas de Oficiais de cada país ou ao ascenderen por antigüidade ou mérito, xa sexa o gañado en combate ou en tempo de paz. Os oficiais diferéncianse entre si polo grao e a posición que ocupan dentro do seu rango xerárquico.
Os oficiais teñen como tarefa principal executar, conducir e liderar as diversas operacións levadas a cabo nas súas respectivas institucións, xa sexa en tempos de paz ou de guerra.
O oficial ten unha formación diferente e cunha posición superior ao suboficial no grao de mando.