State of Ohio (en) | |||||
Himno | Beautiful Ohio (en) (1969) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «With God, all things are possible (en) » (1959–) | ||||
Símbolo oficial | Cardinalis cardinalis (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Buckeye State | ||||
Epónimo | Río Ohio | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Columbus | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.799.448 (2020) (101,64 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 4.717.226 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 116.096 km² | ||||
Auga | 8,85 % | ||||
Lonxitude da costa | sen valor | ||||
Bañado por | Río Ohio e Lago Erie | ||||
Altitude | 260 m | ||||
Punto máis alto | Campbell Hill (en) (472,1 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Ohio | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de marzo de 1803 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | State of Ohio (en) | ||||
• Gobernador | Mike DeWine (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Ohio , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Ohio (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-OH | ||||
Identificador GNIS | 1085497 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ohio.gov | ||||
Ohio (pronunciado [oʊˈhaɪoʊ]) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na zona dos Grandes Lagos, e un dos seus principais centros industriais.[1] Localizado na Rexión Medio Oeste dos Estados Unidos[2] —a rexión máis industrializada do país— Ohio ten á industria como a súa principal fonte de ingresos. Outras fontes de ingresos importantes son as finanzas, a minería do carbón —que axudou a facer de Ohio unha das principais potencias industriais do país— a agricultura e o turismo.
A palabra "Ohio" significa na lingua iroquesa "Gran Río", "Río Longo" ou "Río Belo",[3][4][5] utilizada por este grupo de nativos americanos para describir o río Ohio. O alcume de Ohio é Buckeye State (o Buckeye é un castiñeiro do xénero Aesculus). Os bosques compostos por árbores deste xénero cubrían anteriormente todo Ohio, aínda que moitos destes bosques foron tallados para proporcionar materias primas a diversas industrias, así como para dar espazo á agricultura.[1] Ohio tamén reivindica o alcume de Mother of Modern Presidents (Nai dos Presidentes Modernos)[5], polo feito de que sete dos Presidentes dos Estados Unidos naceron e creceron en Ohio, aínda que este título pertence, de feito, a Virxinia, cun total de oito presidentes. Os presidentes estadounidenses nacidos en Ohio son Ulysses S. Grant, Rutherford B. Hayes, James A. Garfield, Benjamin Harrison, William McKinley, William Howard Taft e Warren G. Harding.[4] Un oitavo Presidente, William Henry Harrison, vivía en Ohio cando foi nomeado Presidente.
Os primeiros exploradores europeos en explorar a rexión foron os franceses. Ata 1763, a rexión de Ohio formaba parte da colonia francesa de Nova Francia, pasando entón a control británico. Coa independencia dos Estados Unidos en 1783, estes pasaron a controlar a rexión. Ohio converteuse no primeiro territorio do Territorio do Noroeste en ser elevado á categoría de estado, e o 17º en entrar na Unión, o 1 de marzo de 1803.[6] A expansión en dirección ao oeste e a construción de numerosas vías férreas no estado, o descubrimento de numerosos xacementos de carbón e unha sólida industria agropecuaria fixeron que Ohio convertésese a mediados do século XIX nunha gran potencia industrial. Ulysses S. Grant, nativo de Ohio, foi un dos principais líderes da Unión durante a Guerra de Secesión.
A rápida industrialización do estado fixo que diversas persoas nativas do estado destacasen polas súas invencións e ideas pioneiras.[7] Thomas Edison naceu en Ohio, e os Irmáns Wright —coñecidos mundialmente por ser os primeiros en voar nun avión (non sen controversias)— tamén creceron aquí. Outro nativo de Ohio mundialmente famoso é Neil Armstrong, a primeira persoa en pisar a Lúa.
Segundo os datos do censo do 2000, residían en Ohio 11.353.140 habitantes, repartidos por unha área de 116.096 km².