Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Coñécese co nome de oitomiles os 14 cumios máis altos da Terra, pois teñen máis de 8.000 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atópanse todas elas nas cordilleiras do Himalaia e do Karakoram, en Asia.
Na lista só se consideran aqueles cumes que teñen unha preeminencia topográfica de 200 a 500 metros, o que serve para descartar subcumios e cumios intermedios. Algúns destes cumios intermedios, como o cumio intermedio do Lhotse tamén teñen a súa particular historia de escaladas, rutas e deportistas.
As montañas que superan os 8.000 metros son as seguintes:
Orde | Nome | Altura (m) | Cordilleira | País | Primeiro ascenso |
---|---|---|---|---|---|
1 | Everest | 8.848 | Himalaia Mahalangur | Nepal - Tíbet | 1953 |
2 | K2 | 8.611 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1954 |
3 | Cancheniunga | 8.586 | Himalaia Cancheniunga | Nepal - India | 1955 |
4 | Lhotse | 8.516 | Himalaia Mahalangur | Nepal - Tíbet | 1956 |
5 | Macalu | 8.485 | Himalaia Mahalangur | Nepal - Tíbet | 1955 |
6 | Cho Oiu | 8.188 | Himalaia Mahalangur | Nepal - Tíbet | 1954 |
7 | Daulaguiri | 8.167 | Himalaia Daulaguiri | Nepal | 1960 |
8 | Manaslu | 8.163 | Himalaia Manaslu | Nepal | 1956 |
9 | Nanga Parbat | 8.125 | Himalaia Nanga Parbat | Paquistán | 1953 |
10 | Annapurna 1 | 8.091 | Himalaia Annapurna | Nepal | 1950 |
11 | Gasherbrum 1 | 8.080 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1958 |
12 | Broad Peak | 8.051 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1957 |
13 | Gasherbrum 2 | 8.034 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1956 |
14 | Xixapangma | 8.027 | Langtang Himalaia | Tíbet | 1964 |