Oium

A área laranxa corresponde á cultura de Černjachov, mentres que a área vermella representa a extensión da cultura de Wielbark durante o século III. A zona rosa é a illa de Gotland e a zona verde é Götaland. A parte morada representa as fronteiras do Imperio romano

Oium era o nome dunha zona de Escitia onde os godos, segundo o que Xordanes relatou no seu De origine actibusque Getarum (Getica), escrito arredor do 551, se instalaron despois de deixar Gothiscandza, dirixidos polo rei Filimero.[1][2][3] Este autor proporciona a etimoloxía, pero moitos estudosos interpretan a palabra como o caso dativo da palabra xermánica * aujō- ou * auwō-, que significa "céspede ben regado" ou "illa".[2]

Segundo algúns historiadores, a información sobre a historia gótica de Oium que Xordanes relatou, formouse a partir da lectura de escritos e tradicións orais anteriores.[4][5] Como os escritores clásicos e as primeiras fontes bizantinas, tamén Xordanes considera aos godos como un subconxunto dos escitas, dacios e tracios, atribuíndolles unha orixe lendaria. Segundo outros historiadores, as historias de Xordanes teñen algunha relación coas obras de Casiodoro,[6][7] sen a influencia das tradicións orais,[8] e con partes dela que semellan puramente ficticias.[9][10]

Arqueoloxicamente, este período da Escitia gótica correspóndese coa cultura de Černjachov, presente en partes de Ucraína, Moldova e Romanía.[11][12][13]

  1. Merrills (2005), p.120
  2. 2,0 2,1 Green (1998), p.167
  3. "JORDANES. THE ORIGIN AND DEEDS OF THE GOTHS, capítulo IV, 25". people.ucalgary.ca (en inglés). 22 de abril de 1997. Consultado o 5 de outubro de 2022. 
  4. Merrills 2005, p.120 ("A influencia das tradicións orais nesta pasaxe [onde se introduce Oium] é palpable) e p. 121 ("Xerome e Orosio identificaron aos godos cos xetas de Escitia mencionados na historiografía antiga.)
  5. Wolfram (2006), pp. 43-90
  6. Amory 1997, pp. 36 e 292.
  7. Kulikowski pp. 50-51
  8. Amory 1997, p. 295 (É un erro pensar que parte do material en Getica deriva de tradicións orais).
  9. Kulikowski 2006, p. 66.
  10. Günnewig 2003, pp. 38-39
  11. Green 1998, pp. 167-168
  12. Kulikowski 2006, pp. 62-63
  13. Heather & Matthews 1991, pp. 50-52 e 88-92

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne