Oligoclasio | |
---|---|
Fórmula química | (Ca,Na)Al(Al,Si)Si2O8 |
Clase | Silicato |
Sistema cristalino | Triclínico, pinacoidal |
Cor | Incolora a branca-gris, castaña, verdosa ou amarelada |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 6 - 6,5 (escala de Mohs) |
Fractura | En chanzos, ás veces concoidal |
Raia | Branca |
Densidade | 2,66 g/cm3 |
O oligoclasio[1] é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de sodio e calcio, con moito máis sodio (79-90%) que calcio (10-30%). Presenta un aspecto de cristais ben formados brancos, frecuentemente en macla.
É un membro intermedio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo os extremos a albita (plaxioclasio de sodio) e a anortita (plaxioclasio de calcio). Por esta razón, ás veces é considerado como unha variedade da albita.
O nome procede do grego oligos e clasis, que significa "pequenas roturas". Sinónimos moi pouco usados son amansita, amantita, amausita ou oligoclasita.