Ollo composto

Anatomía do ollo composto dunha mosca.
Tradución dos termos:
En sentido horario: células pigmentadas primarias, lentes, conos cristalinos, células retinais, rabdomas, células pigmentadas secundarias, axóns

Un ollo composto é un órgano visual que se encontra en certos artrópodos, como insectos e crustáceos.

Consiste na agrupación de entre 12 e varios miles (6 300 en Apis mellifera) de unidades perceptivas.

Estes tipos de ollos non teñen unha lente central, o cal implica unha baixa resolución de imaxes. Porén, os ollos compostos son capaces de detectar movementos rápidos, ven un amplo rango de ángulos sólidos e, nalguns casos, perciben a polarización da luz.[1]

Os ollos compostos encóntranse principalmente nos insectos, e están formados por moitas facetas simples chamadas omatidios, que dan unha imaxe en mosaico, non imaxes múltiplas, como ás veces se cre.[2] Cada omatidio consiste nunha lente e un rabdoma, o cal está composto por grupos de células receptoras visuais (rabdómeros) dispostas en paralelo ou lixeiramente xiradas.

En insectos e crustáceos o ollo composto dos adultos desenvólvese nunha sección da cabeza diferente da rexión en que as larvas teñen o seu ollo medio. Os novos omatidios vanse engadindo en fileiras semicirculares na parte de atrás do ollo durante a primeira etapa do desenvolvemento do ollo. Isto fai que os omatidos sexan cadrados, pero despois, durante o desenvolvemento, vólvense hexagonais.[3]

  1. Völkel, R.; Eisner, M.; Weible, K. J. (19 de novembro de 2015). "Miniaturized imaging systems" (PDF). doi:10.1016/S0167-9317(03)00102-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  2. G. Adrian Horridge (1977). "El ojo compuesto de los insectos" (PDF). Revista Investigación y Ciencia (12). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  3. Harzsch, S.; Hafner, G. (2006). "Evolution of eye development in arthropods: Phylogenetic aspects". Arthropod Structure & Development. pp. 319–340. PMID 18089079. doi:10.1016/j.asd.2006.08.009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne