Omohide Poro Poro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | おもひでぽろぽろ |
Director | Isao Takahata |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Isao Takahata |
Baseado en | Omoide Poro Poro de Hotaru Okamoto e Yuko Tone |
Intérpretes | |
Música | Katz Hoshi |
Fotografía | Hisao Shiraishi |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli[1] |
Distribuidora | Toho Universal Pictures GKIDS (USA) |
Estrea | 20 de xullo de 1991 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Recadación | 3,18 billóns de ¥ |
Na rede | |
https://www.ghibli.jp/works/omoide/ | |
Omohide Poro Poro (おもひでぽろぽろ?) é un filme de animación xaponés de 1991 escrito e dirixido por Isao Takahata. Baséase no manga homónimo de 1982 creado por Hotaru Okamoto e Yuko Tone.[2] Foi animado por Studio Ghibli para Tokuma Shoten, Nippon Television Network e Hakuhodo, e foi distribuído por Toho. Estreouse no Xapón o 20 de xullo de 1991. O tema de peche do filme, Modelo:Nihongo4 é unha tradución xaponesa do tema de Amanda McBroom "The Rose".
Omohide Poro Poro explora un xénero tradicionalmente considerado fóra dos temas comúns da animación: un drama realista escrito para adultos, particularmente mulleres. O filme foi un éxito de recadación, atraendo unha grande audiencia adulta e converténdose no filme con maior recadación no Xapón de 1991. Tamén foi moi ben acollido pola crítica, cunha aprobación do 100% en Rotten Tomatoes.