Ontario

Modelo:Xeografía políticaOntario

Lema«Ut incepit fidelis sic permanet» Editar o valor en Wikidata
EpónimoLago Ontario Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°N 85°O / 50, -85
EstadoCanadá Editar o valor en Wikidata
CapitalToronto Editar o valor en Wikidata
Escindido deProvincia Unida de Canadá Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación14.223.942 (2021) Editar o valor en Wikidata (13,21 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.076.395 km² Editar o valor en Wikidata
Auga14 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porBaía de Hudson e Grandes Lagos, América do Norte Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoIshpatina Ridge (693 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoBaía de Hudson (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 1867 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernodemocracia parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de Ontario Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataDoug Ford (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Ontario , Editar o valor en Wikidata
PIB nominal851.176.000.000 C$ (2020) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar canadense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalK, L, M, N e P Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2CA-ON Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Jiangsu (1985–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webontario.ca Editar o valor en Wikidata
Twitter: ONgouv Editar o valor en Wikidata

Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec.[1][2] A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Otava, están localizadas en Ontario.[3] A rexión sur é o punto máis meridional de todo o Canadá.[4]

A principal fonte de renda é a manufactura. O valor dos produtos industrializados producidos en Ontario é maior do que a suma do valor total dos produtos industrializados fabricados en todas as outras provincias e territorios do Canadá. O poderío industrial valeulle o cognome de Corazón Industrial do Canadá. A provincia destaca principalmente pola súa forte industria automobilística, a máis forte de todo o continente americano coa excepción de Míchigan. Outras fontes importantes de renda son o turismo e servizos gobernamentais.

A orixe do seu nome deriva do lago do mesmo nome, lago Ontario, nome dado polos iroqueses, que significa "belo lago", "augas brillantes", "rochas ao cumio" ou "próximo á auga". Ontario fora inicialmente colonizado polos franceses, facendo parte da colonia francesa de Canadá, unha das provincias coloniais da Nova Francia, que entón incluía a rexión sur das actuais provincias canadenses de Ontario e do Quebec.

En 1763, o Reino Unido anexou o Canadá. En tres décadas, os anglófonos tornáronse maioría no suroeste da colonia, motivo pola cal o Reino Unido decidiu dividir a colonia en dúas en 1791. Ambas as divisións foron reunidas novamente en 1840, nunha única provincia do Canadá. Coa independencia do Canadá, o 1 de xullo de 1864, a provincia do Canadá foi definitivamente separada en dúas, nas actuais provincias de Ontario e do Quebec. Inicialmente unha potencia agraria, Ontario tornouse un gran polo industrial no inicio do século XX, e o principal polo económico do país durante a década de 1960 e de 1970.

  1. "Population and dwelling counts: Canada, provinces and territories". Statistics Canada. Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2022. Consultado o 11 de abril de 2023. 
  2. "Table 15.7 Land and freshwater area, by province and territory". www150.statcan.gc.ca (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  3. "Population of census metropolitan areas (2001 Census boundaries)". Statistics Canada. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2005. Consultado o 5 de xaneiro de 2007. 
  4. "Get to know Canada - Provinces and territories". Goberno do Canadá, Immigration, Refugees and Citizenship Canada. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne