Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| |||||
Lema | «Ut incepit fidelis sic permanet» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Lago Ontario | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Capital | Toronto | ||||
Escindido de | Provincia Unida de Canadá | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 14.223.942 (2021) (13,21 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.076.395 km² | ||||
Auga | 14 % | ||||
Bañado por | Baía de Hudson e Grandes Lagos, América do Norte | ||||
Punto máis alto | Ishpatina Ridge (pt) (693 m) | ||||
Punto máis baixo | Baía de Hudson (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 1867 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | democracia parlamentaria | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido | ||||
Órgano executivo | Government of Ontario (en) | ||||
• Premier of Ontario (en) | Doug Ford (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Ontario (en) , | ||||
PIB nominal | 851.176.000.000 C$ (2020) | ||||
Moeda | Dólar canadense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | K, L, M, N e P | ||||
Fuso horario | Zona de Tempo Oriental (→ America/Toronto (en) , America/Thunder_Bay (en) ) hora estándar do centro (→ America/Winnipeg (en) ) UTC−05:00 (→ America/Panama (en) ) | ||||
ISO 3166-2 | CA-ON | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ontario.ca | ||||
Ontario é unha provincia do Canadá. Ontario é a máis populosa provincia do país. Cerca dun terzo da poboación canadense vive en Ontario. A maior cidade canadense, Toronto, ben como a capital nacional do país, Otava, están localizadas en Ontario. Ontario é tamén a segunda maior provincia en área do país, atrás soamente do Quebec. A rexión sur é o punto máis meridional de todo o Canadá.
A principal fonte de renda é a manufactura. O valor dos produtos industrializados producidos en Ontario é maior do que a suma do valor total dos produtos industrializados fabricados en todas as outras provincias e territorios do Canadá. O poderío industrial valeulle o cognome de Corazón Industrial do Canadá. A provincia destaca principalmente pola súa forte industria automobilística, a máis forte de todo o continente americano coa excepción de Míchigan. Outras fontes importantes de renda son o turismo e servizos gobernamentais.
A orixe do seu nome deriva do lago do mesmo nome, lago Ontario, nome dado polos iroqueses, que significa "belo lago", "augas brillantes", "rochas ao cumio" ou "próximo á auga". Ontario fora inicialmente colonizado polos franceses, facendo parte da colonia francesa de Canadá, unha das provincias coloniais da Nova Francia, que entón incluía a rexión sur das actuais provincias canadenses de Ontario e do Quebec.
En 1763, o Reino Unido anexou o Canadá. En tres décadas, os anglófonos tornáronse maioría no suroeste da colonia, motivo pola cal o Reino Unido decidiu dividir a colonia en dúas en 1791. Ambas as divisións foron reunidas novamente en 1840, nunha única provincia do Canadá. Coa independencia do Canadá, o 1 de xullo de 1864, a provincia do Canadá foi definitivamente separada en dúas, nas actuais provincias de Ontario e do Quebec. Inicialmente unha potencia agraria, Ontario tornouse un gran polo industrial no inicio do século XX, e o principal polo económico do país durante a década de 1960 e de 1970.