Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Open Source Geospatial Foundation | |
Organización | Nacións Unidas |
Siglas | OSGF |
Directora | María Arias de Reyna |
Estado | Activa |
Fundada | 4 de febreiro de 2006 (18 anos) |
Sede | Chicago, Estados Unidos |
Páxina web | osgeo.org |
A Open Source Geospatial Foundation (OSGeo), é unha organización non gobernamental cuxa misión é dar soporte e promover o desenvolvemento colaborativo de tecnoloxías xeoespaciais e datos abertos. Ten entidade legal de fundación e foi constituída en febreiro de 2006 para proporcionar apoio financeiro, legal e organizativo a toda a Comunidade geoespacial do software libre e o software de código aberto. Tamén serve, como entidade legal independente a través da cal os seus membros poden realizar contribucións de código, fondos ou outros recursos coa seguridade de que ese coñecemento e o resto de contribucións estarán dispoñibles para beneficio de todo o mundo.
A Fundación OSGeo está inspirada, tanto nos seus principios como na súa forma de goberno, na Fundación Apache, de forma que os seus membros proveñen dos individuos que forman os diversos proxectos aos que acolle OSGeo. A membresía susténtase na contribución activa nos proxectos e os órganos de goberno da Fundación.
A Fundación persegue obxectivos máis aló do desenvolvemento de software, tales como promover o acceso libre aos datos geospaciales gobernamentais e aos datos completamente libres, como os xerados e mantidos polo proxecto OpenStreetMap. Tamén se pon especial atención en temas educativos e en capacitación. A Fundación se estrutura en diversos comités que traballan na introdución de estratexias para a consecución dos obxectivos.