OpenSUSE

openSUSE
openSUSE 42.1 con GNOME Shell
DesenvolvedoropenSUSE Project
Familia de S.O.Linux
LanzamentoSuSE Linux en 1993, openSUSE en 2007
En galegosi
Espazo de usuarioMúltiples. KDE Plasma 5 predefinido para Tumbleweed.[1]
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaGPL
Última versión estableLeap 42.3 26 de xullo de 2017[2]
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webwww.opensuse.org

openSUSE é unha distribución Linux enfocada a aplicacións en múltiples ámbitos de uso. Esta distribución arestora desenvólvea o proxecto openSUSE, a comunidade arredor do proceso de desenvolvemento, e xurdiu das anteriores SUSE Linux e SuSE Linux Professional.[3] O seu desenvolvemento está apoiado por patrocinadores como SUSE Linux GmbH e AMD.[4] Amplamente usada [5], o desenvolvemento desta distribución está pensado en crear ferramentas de software libre fáciles de usar por desenvolvedores de software, administradores de sistemas mais sempre sen deixar de ser sinxela de usar como contorno de escritorio e servidor con múltiples opcións de xestión.

A primeira versión foi a beta SUSE Linux 10.0 e a última versión liberada foi openSUSE 42.3.[2] O proxecto ofrece unha versión continua, ou "rolling release", á que lle chaman openSUSE Tumbleweed. Tumbleweed actualízase continuamente con software probado e de versións estables. Os lanzamentos estables da distribución denomínanse openSUSE Leap e fanse periodicamente. openSUSE desenvolve ferramentas para a distribución como YaST ou zypper e outros servizos como Open Build Service, openQA, Snapper, Machinery, Portus ou Kiwi. Os escritorios que ofrece son KDE Plasma e GNOME Shell, ademais de Cinnamon, Enlightenment, LXDE, MATE ou Xfce.[6]

Trala adquisición de SUSE Linux AG no 2004[7][8] a empresa Novell decidiu lanzar o produto SUSE Linux Professional coma un proxecto libre coa intención de que nacera unha comunidade arredor do proceso de desenvolvemento: o proxecto openSUSE.[3] Posteriormente The Attachmate Group adquiriu a Novell e partiu a compañía en dúas subsidiarias: Novell e SUSE. Trala fusión de The Attachmate Group con Micro Focus en novembro de 2014, SUSE consolidouse como unidade empresarial propia.[9]

  1. Tumbleweed moves to Plasma 5.3 and a new release of KDE Applications
  2. 2,0 2,1 "Release Notes | openSUSE Leap 42.3". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 2017-07-26. 
  3. 3,0 3,1 "Novell frees SUSE Professional under new branding". Arquivado dende o orixinal o 05/08/2005. Consultado o 17/09/2008. 
  4. "Sponsors - openSUSE". Consultado o July 6, 2015. 
  5. Véxase o listado de popularidade de Distrowatch. En abril de 2017 openSUSE situábase como a quinta distribución máis descargada, cunha media de 1235 descargas por IP único por día nos seis meses anteriores.
  6. openSUSE: Graphical user interfaces
  7. Novell Completes Acquisition of SUSE LINUX
  8. "Novell Announces Agreement to Acquire Leading Enterprise Linux Technology Company SUSE LINUX". Novell. 4 de novembro de 2003. Consultado o 23 de abril de 2017. 
  9. "Micro Focus International completes merger with the Attachmate Group". Micro Focus International plc. 20 de novembro de 2014. Consultado o 23 de abril de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne