Opistocontos

Opistocontos
Rango fósil: Neoproterozoico - Recente

Opistocontos.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Unikonta
(sen clasif.): Opisthokonta

Os opistocontos ou Opisthokonta ou "grupo Fungos/Metazoos"[1] é un amplo grupo de eucariotas, que comprende os reinos dos animais e dos fungos,[2] e un grupo de microorganismos eucariotas que se adoitan agrupar no filo parafilético Choanozoa.[3] Estudos xenéticos e ultraestruturais apoian claramente a idea de que os opistocontos son un grupo monofilético.

A característica común dos Opisthokonta é que teñen células flaxeladas, como é o caso dos espermatozoides dos animais ou as quitridioesporas dos fungos, situado na parte posterior da célula, é dicir, na parte oposta da dirección cara á que se move a célula (do mesmo modo que dicimos que a hélice está na parte posterior dos barcos). Isto dálle ao grupo o seu nome (do grego ὀπίσθιος, opísthios, "posterior" + κοντός, kontós, "pértega, poste", referíndose aquí ao flaxelo). As células flaxeladas doutros grupos de eucariotas, polo contrario, propúlsanse con flaxelos situados en posición anterior.

  1. "Fungi/Metazoa group". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2009-03-08. 
  2. Shalchian-Tabrizi K, Minge MA, Espelund M; et al. (2008). Aramayo, Rodolfo, ed. "Multigene phylogeny of choanozoa and the origin of animals". PLoS ONE 3 (5): e2098. PMC 2346548. PMID 18461162. doi:10.1371/journal.pone.0002098. 
  3. Steenkamp ET, Wright J, Baldauf SL (2006). "The protistan origins of animals and fungi". Mol. Biol. Evol. 23 (1): 93–106. PMID 16151185. doi:10.1093/molbev/msj011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne