Opsonina

Acción das opsoninas: unha célula fagocítica recoñece as opsoninas na superficie dun antíxeno, grazas aos seus receptores Fc.

As opsoninas son moléculas que se encontran no soro sanguíneo, que actúan como receptores na superficie das células que facilitan a fagocitose ou activan o sistema do complemento.[1] O termo opsonina úsase principalmente para referirse aos aos anticorpos IgG, que cobren as membranas das células e facilitan a fagocitose ao expoñeren os extremos Fc de ditos anticorpos ás células fagocíticas, que teñen receptores para eles. As IgM tamén se consideran opsoninas, xa que activan o sistema do complemento, aínda que non son efectivas na activación da fagocitose, porque as células fagocíticas non teñen receptores Fc específicos para as IgM. Ás veces tamén se chaman opsoninas ás moléculas que se unen á célula para a súa destrución a través da acción das células asasinas naturais (NK). As opsoninas son moléculas séricas, que recobren o antíxeno ou microbio e funcionan unha ponte entre o antíxeno e o fagocito.

Foron descubertas en 1903 por Almroth Wright, que describiu como a fagocitose era reforzada por anticorpos específicos (é dicir, as opsoninas). O seu nome procede do grego opson, condimento. Cando unha célula ou antíxeno está cuberto de opsoninas dise que está opsonizado, e o fenómeno denomínase opsonización.

  1. The Free Dictionary - Opsonin

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne