Ora maritima

Ora maritima (en galego: A costa do mar) é un poema escrito no século IV por Rufo Festo Avieno dedicado ao seu amigo o cónsul Sexto Petronio Probo. Consiste nun periplo poetizado que relata a viaxe pola costa dende a Punta de Raz, Bretaña ata Massalia (Marsella), collendo préstamos do Periplo massaliota[1][2] do século VI a.C. no que hipoteticamente se relataría o mesmo traxecto.

Só se conserva un fragmento do primeiro capítulo (dos que puideron ser dous) composto de 703 trímetros iámbicos. Consérvase a editio princeps publicada en Venecia en 1488.[3]

  1. Ó Corráin, Donnchadh (2000). Prehistoric and Early Christian Ireland, The Oxford Illustrated History of Ireland (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-289323-8. 
  2. Darvil, Timothy (2002). Rufus Festus Avienus, The Concise Oxford Dictionary of Archaeology. Oxford University Press. 
  3. Murphy, J. P. (1977). Ora maritima: or, description of the seacoast from Brittany round to Massilia. Ares Publishers. ISBN 0-89005-175-5. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne