Orde Militar de Sant'Iago da Espada | |
---|---|
Outorgada por Presidente da República | |
Tipo | Orde militar |
Lema | Rubet Ensis Sanguine Arabum |
Elixibilidade | Mérito literario, científico e artístico |
Estado | activa (Portugal) |
Estadísticas | |
Establecida | 1175 |
Precedencia | |
Seguinte menor | Ordem do Infante D. Henrique |
A Orde Militar de Sant'Iago da Espada, formalmente Ordem Militar Antiga, Nobre e Ilustrada de Sant'Iago da Espada, de Mérito Científico, Literario e Artístico, [1] é unha orde honorífica portuguesa creada o 5 de xullo de 1175. Fundada como orde monástico-militar co nome de Orde de Santiago, tivo fins relixiosos, militares, señoriais e honoríficos até 1789, cando por Carta da Lei da Raíña María I foi secularizada e pasou a ser orde honorífica. Extinta en 1910, foi restaurada o 1 de decembro de 1918 baixo Sidónio Pais.[2] Hoxe outórgase por Decreto do Presidente da República por razóns de mérito literario, científico e artístico.[3]
A Orde Militar de Sant'Iago da Espada ten 6 graos: Gran Colar (grao especial), Grande Cruz, Grande Oficial, Comandante, Oficial e Cabaleiro.[3] O Gran Colar, creado en 1962, é o grao máis alto da Orde e é concedido polo Presidente da República aos Xefes de Estado estranxeiros. O Gran Colar tamén pode ser concedido polo Presidente da República aos antigos Xefes de Estado e ás persoas cuxos logros, de carácter extraordinario e especial relevancia para Portugal, os fagan merecedores desta distinción.[4]
O Grande Mestre da Orde é, como noutras Ordes Honoríficas portuguesas, inherentemente o Presidente da República, cargo ocupado desde 2016 polo presidente Marcelo Rebelo de Sousa.[5]