Un organismo anaerobio ou anaerobio é un organismo que non require oxíxeno para vivir. Algúns reaccionan negativamente ou mesmo morren en presenza de oxíxeno, outros poden toleralo pero non o usan, e outros viven anaerobicamente en certas condicións e aerobicamente noutras (anaerobios facultativos). Os organismos anaerobios poden ser unicelulares, como certos protozoos (por exemplo, Entamoeba histolytica, Trichomonas vaginalis),[1] ou moitas bacterias,[2] ou multicelulares, como o verme parasito Trichinella spiralis xuvenil[3] ou algúns poliquetos do xénero Nereis, que poden vivir durante longo tempo en anaerobiose grazas ao seu metabolismo adaptado a condicións con diferentes graos de hipoxia[4].
A efectos prácticos distínguense tres categorías de anaerobios:
Anaerobios facultativos, que poden crecer con ou sen oxíxeno, polo que poden vivir tanto en condicións aerobias coma anaerobias. Poden cambiar de metabolismo e utilizan o oxíxeno para facer a respiración aerobia cando este está presente, e xeralmente fermentan ou respiran anaerobicamente cando non hai oxíxeno.[7]
Aerotolerantes, que non utilizan o oxíxeno para crecer, pero poden tolerar a súa presenza, xa que para eles non é letal.[7]