Os asasinos | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Killers |
Director | Robert Siodmak |
Produtor | Mark Hellinger |
Guión | Richard Brooks Anthony Veiller John Huston |
Baseado en | "The Killers" de Ernest Hemingway |
Intérpretes | Burt Lancaster Ava Gardner Edmond O'Brien Sam Levene |
Fotografía | Woody Bredell |
Montaxe | Arthur Hilton |
Estudio | Mark Hellinger Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 103 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | $2 500 000 (USA)[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Os asasinos (en inglés: The Killers) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Robert Siodmak. Baséase en parte na historia curta "The Killers" de Ernest Hemingway.[2] Está protagonizado por Burt Lancaster no seu primeiro filme, Ava Gardner, Edmond O'Brien e Sam Levene. No filme tamén aparece William Conrad, na súa primeira aparición cun papel acreditado, como un dos asasinos.[3] John Huston e Richard Brooks escribiron xuntos o guión pero non aparecen acreditados. No seu canto aparece Anthony Veiller.
En 2008, Os asasinos foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."
Estreouse en galego o 2 de febreiro de 1990 a través da TVG.[4]