Os tolos do volante (en inglés Wacky Races) é unha serie de debuxos animados da produtora estadounidense Hanna-Barbera. O argumento está baseadon un grupo de 11 coches que compiten entre si en diferentes carreiras, cos seus pilotos intentando gañar o título de "Piloto máis tolo do mundo". A serie era peculiar polo gran número de personaxes habituais, vinte e tres en total.
Esta serie foi inspirada no filme A carreira do século[1] (The Great Race), de 1965. Emitiuse orixinalmente na canle de televisión estadounidense CBS entre o 14 de setembro de 1968 e o 5 de setembro de 1970. Producíronse dezasete episodios, cada un dos cales incluía dúas carreiras distintas, facendo logo un total de trinta e catro carreiras.
En Galiza emitiuse primeiro en TVE coa dobraxe mexicana. Posteriormente emitiuse en galego na TVG, dentro do espazo infantil Xabarín Club.