Os Pobos Deciden

Os Pobos Deciden
Logo
Tipopartido político
Data de fundación2014
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en éuscaro Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG),[1][2] e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas,[3] a asturiana Andecha Astur,[4] ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP).[5] Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións,[6] así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.[7]

A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu,[8] seguido de Ana Miranda Paz como representante do BNG.[9] Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.[10]

Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns,[11][12] e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular,[13] que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.[14][15]

  1. A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG, Galicia Confidencial, 27 de febreiro de 2014.
  2. "BNG y EH Bildu concurrirán juntos a las elecciones europeas". Naiz. 13 de marzo de 2014. 
  3. Comunicado de "Los Pueblos Deciden", web de Puyalón, 16 de marzo de 2014.
  4. La militancia de Andecha Astur decide participar en las europeas en la coalición liderada por EH Bildu, asturies.com, 17 de febreiro de 2014. (en asturiano)
  5. ANC y UP participarán en la candidatura "Los Pueblos Deciden" para el Parlamento Europeo Arquivado 21 de xuño de 2015 en Wayback Machine., El Periódico de Canarias, 16 de marzo de 2014.
  6. Dejeans, Arnaud. «Il n’y aura pas de liste EH Bai aux Européennes» (en francés). Sud Ouest. 6 de maio de 2014.
  7. "¡No a la Troika! ¡Por una Europa ecosocialista, al servicio de las clases trabajadoras y los pueblos!". gorripidea.blogspot. 7 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  8. Sainz, Jorge. «Josu Juaristi, candidato de EH Bildu para las elecciones europeas». Diario Vasco. 31 de xaneiro de 2014.
  9. «El BNG presenta su candidatura para las europeas, La Voz de Galicia, 22 de marzo de 2014.
  10. Sampedro, D. (29 de abril de 2014). "El BNG se repartirá el escaño europeo con Bildu en función de los votos que obtenga". El Correo Gallego. 
  11. «ERC descarta ir con Bildu a las elecciones europeas». La Vanguardia. 30 de xaneiro de 2014.
  12. Noguer, Miquel. «ERC ficha a Ernest Maragall como número dos para las europeas, El País, 4 de marzo de 2014.
  13. «La CUP no decidirá hasta el 9 de marzo si concurre a las elecciones europeas». Europa Press. 18 de febreiro 2014.
  14. «Nom foi possível articular a candidatura que a Galiza precisa: Nós-Unidade Popular descarta participar nas Eleiçons europeias» (en galego). nosgaliza.org. 13 de marzo de 2014.
  15. «La CUP no se presentará a las elecciones europeas». El Periódico de Catalunya. 9 de marzo de 2014.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne