Os mellores anos da nosa vida | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Best Years of Our Lives |
Director | William Wyler |
Produtor | Samuel Goldwyn |
Guión | Robert E. Sherwood |
Baseado en | Glory for Me novela de MacKinlay Kantor |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Gregg Toland |
Montaxe | Daniel Mandell |
Estudio | Samuel Goldwyn Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 172 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $2 100 000[1] ou $3 000 000[2] |
Recadación | $23 700 000[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Os mellores anos da nosa vida (en inglés: The Best Years of Our Lives, tamén coñecido como Glory for Me e Home Again) é un filme estadounidense dirixido por William Wyler e protagonizado por Myrna Loy, Fredric March, Dana Andrews, Teresa Wright, Virginia Mayo e Harold Russell. O filme conta a historia de tres militares que se adaptan á vida civil despois de combater na segunda guerra mundial. Samuel Goldwyn inspirouse en producir un filme sobre veteranos despois de ler o 7 de agosto de 1944 un artigo de Time sobre as dificultades que experimentan os soldados que volven á vida civil. Goldwyn contratou o antigo correspondente de guerra MacKinlay Kantor para escribir o guión. O seu traballo foi publicado primeiro nunha novela, Glory for Me, que Kantor escribiu en verso branco.[4][5][6][7] Robert E. Sherwood adaptou a novela nun guión.[7]
The Best Years of Our Lives gañou sete Premios Oscar en 1946, incluíndo o mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actor (Fredric March), mellor actor secundario (Harold Russell), mellor montaxe (Daniel Mandell), mellor guión adaptado (Robert E. Sherwood) e mellor banda sonora (Hugo Friedhofer).[8] Ademais do éxito entre a crítica, o filme axiña se converteu nun grande éxito comercial. Foi o filme con maior recadación e con máis espectadores dos Estados Unidos e do Reino Unido dende a estrea de Foise co vento, vendendo arredor de 55 millóns de entradas nos Estados Unidos[9] o que equivale a $23 650 000.[10]
Estreouse en galego o 14 de xuño de 1994 a través da TVG.[11]