Os productores | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Producers |
Director | Mel Brooks |
Produtor | Sidney Glazier |
Guión | Mel Brooks |
Intérpretes | Zero Mostel Gene Wilder Kenneth Mars Dick Shawn |
Música | Mel Brooks Norman Blagman John Morris |
Fotografía | Joseph F. Coffey |
Distribuidora | Embassy Pictures Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 10 de novembro de 1968 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia musical |
Orzamento | $ 941 000 |
Recadación | $ 1 600 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Os productores (en inglés: The Producers) é un filme estadounidense dirixido por Mel Brooks que se estreou en 1968. Protagonizada por Zero Mostel e Gene Wilder, foi o filme con maior recadación de 1968 e está considerada como unha das máis grandes comedias estadounidenses de todos os tempos segundo a publicación AFI's 100 years... 100 laughs do American Film Institute.[1] Gañou o óscar ao mellor guión orixinal na 41ª edición dos Oscar. Foi estreado na Televisión de Galicia o 29 de agosto de 1992.[2]
O filme foi o primeiro dirixido por Brooks, que xa tiña un serie de televisión de éxito nese momento, Get Smart, cocreada con Buck Henry. O título previsto orixinariamente para o filme era Springtime for Hitler (Primavera para Hitler), título da obra musical que producen no filme.[3]