Os Novos,[1] Os Renovadores,[2] ou o Movemento Renovador,[3] foi un grupo de artistas galegos que quixeron renovar as formas plásticas da arte galega na primeira parte do século XX, en especial a partir da década de 1920. Esa 'renovación' caracterizouse pola integración progresiva de novas formas e técnicas pictórica, escultóricas, escenográficas etc. derivadas das vangardas europeas, buscando modernizar a expresión artística sen romper radicalmente coa tradición e a identidade cultural galega. Este movemento non buscaba unha ruptura completa, como si procuraban algunhas vangardas, senón máis ben unha evolución que ao mesmo tempo respectase e revalorizase os fundamentos da arte galega desde as súas orixes.