Os xogos da fame | |
---|---|
![]() Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hunger Games |
Director | Gary Ross |
Produtor | Nina Jacobson Jon Kilik |
Guión | Gary Ross Suzanne Collins Billy Ray |
Baseado en | The Hunger Games de Suzanne Collins |
Intérpretes | Jennifer Lawrence Josh Hutcherson Liam Hemsworth Woody Harrelson Elizabeth Banks Lenny Kravitz Stanley Tucci Donald Sutherland |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Tom Stern |
Montaxe | Stephen Mirrione Juliette Welfling |
Estudio | Lionsgate Color Force |
Distribuidora | Lionsgate |
Estrea | Os Ánxeles: 12 de marzo de 2012![]() ![]() |
Duración | 142 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción, Aventuras |
Orzamento | $78 000 000[1] |
Recadación | $691 200 000[2] |
Filme seguinte | The Hunger Games: Catching Fire |
Na rede | |
http://www.thehungergamesmovie.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Os xogos da fame (orixinalmente en inglés: The Hunger Games) é un filme estadounidense dirixido por Gary Ross que se estreou no 2012. Baséase na primeira parte da triloxía xuvenil de Suzanne Collins The Hunger Games e é o primeiro filme da serie The Hunger Games. O filme foi producido por Nina Jacobson e Jon Kilik, con guión de Ross, Collins e Billy Ray. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Liam Hemsworth, Woody Harrelson, Elizabeth Banks e Donald Sutherland.[3] O filme estreou a súa versión dobrada ao galego o 8 de decembro de 2015 na TVG.[4]