Osa Maior | |
---|---|
![]() | |
Nome latino | Ursa Major |
Abreviatura | UMa |
Xenitivo | Ursae Majoris |
Simboloxía | A grande Osa |
Ascensión recta | 10.67 h |
Declinación | 55.38° |
Área | 1280 graos cadrados
Rango 3º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
6 |
Estrela máis brillante | ε UMa (Alioth)
(magnitude ap. 1.7) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −30°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de abril | |
Osa Maior[1][2][3][4] (en latín Ursa Major, abreviado UMa), tamén coñecida como o Carro das Estrelas ou Carro Grande[5], é unha constelación visible durante todo o ano no hemisferio norte. Entre os afeccionados é chamada co nome de "carro" ou "cazo", pola forma que debuxan ás súas sete estrelas principais, aínda que recibiu moitos outros nomes. Este asterismo de sete estrelas é chamado en Galicia Setestrelo.