Osetia

Modelo:Xeografía políticaOsetia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°30′N 44°00′L / 42.5, 44
Poboación
Lingua usadaLingua oseta
lingua rusa Editar o valor en Wikidata

Osetia[1] (tamén coñecida como Ossetia[2] ou Iristán, nome orixinal, xa que oset- ven do xeorxiano, e é así coma os xeorxianos denominan aos alanos ou ironís) é unha rexión do Norte do Cáucaso habitada polos osetos, que falan oseto. O actual territorio de Osetia atópase dividido entre Osetia do Norte-Alania (Rusia) e Osetia do Sur (Xeorxia). Os osetos son un pobo diferente do ruso e do xeorxiano.

En 1989, tras a caída da Unión Soviética, Osetia do Sur autodeclarouse unida a Osetia do Norte. O goberno de Xeorxia non estivo de acordo e comezou unha guerra civil. Calcúlase que arredor de 100.000 osetos do sur (a metade da poboación antes da guerra) ten emigrado á parte norte. No conflito, Xeorxia ten recibido o apoio dos Estados Unidos mentres que Osetia do Sur recibiu o de Rusia. Actualmente Osetia do Sur é un estado independente de facto.

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1529. ISBN 9788482893600. 
  2. Definición de ossetio, -tia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne