Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Noruega | ||||
Concello | Oslo | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 709.037 (2023) (1.561,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 454,12 km² | ||||
Bañado por | Alnaelva (en) , Fiorde de Oslo (pt) e Akerselva (en) | ||||
Altitude | 23 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1048 (Gregoriano) | ||||
Sucedido por | Christiania (pt) | ||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Hallvard Vebjørnsson (en) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Eirik Lae Solberg (2023–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 0001–1299 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | NO-03 | ||||
Código NUTS | NO011 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | oslo.kommune.no | ||||
Oslo, chamada Christiania entre 1624 e 1878 e Kristiania entre 1878 e 1924, é a capital e a cidade máis habitada de Noruega, amais de ser o seu centro político, económico e cultural. Politicamente constitúe un concello e a vez unha das dezanove provincias do país. En 2018 a súa poboación era de 673 469 habitantes, un 12% da poboación total de Noruega, sendo a terceira cidade e área urbana máis poboada de Escandinavia, só superada por Copenhague e Estocolmo. O 25% da poboacíon da cidade está composta por inmigrantes.
A súa área metropolitana esténdese aos arredores da provincia de Akershus e ten unha poboación de 1 588 457 habitantes. A superficie total comprendida por Oslo é de 144 km², dos cales 115 km² son urbanos e 7 km² rurais. Os espazos abertos dentro da área urbana suman un total de 22 km². O centro de Oslo sitúase no final do Oslofjord, dende o cal a cidade se estende polas dúas beiras do fiorde.