Oso de Ouro | |
---|---|
Tipo | premio cinematográfico |
Data de fundación | 1951 |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.berlinale.de/en/home.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Oso de Ouro é o principal premio outorgado polo Festival Internacional de Cinema de Berlín. O oso é o símbolo heráldico da cidade de Berlín.
Os gañadores da primeira edición do festival en 1951 foron escollidos por un xurado alemán, con cinco gañadores do Oso de Ouro divididos por xéneros e categorías.[1] Entre 1952 e 1955 os gañadores foron determinados por membros do público.[2] En 1956, a Federación Internacional de Asociacións de Produtores de Filmes acreditou oficialmente o festival e dende entón o Oso de Ouro é outorgado por un xurado internacional.[2]