![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un ovni[1] (orixinalmente abreviación de obxecto voante non identificado) ( pronunciación (axuda · info)) é calquera obxecto, real ou aparente, e en principio autopropulsado polo aire, que non pode ser identificado polo observador e que permanece sen identificar despois dunha determinada investigación.
Recóllense avistamentos de fenómenos aéreos infrecuentes dende tempos antigos, pero o termo ovni, non apareceu ata 1947. Dende aquela, moitas persoas aseguran que viron algún "ovni", ao que se lle atribúen significados militares ou extraterrestres. A existencia de ovnis e o conxunto de estudos que fan referencia a eles (a ufoloxía) son amplamente negados pola comunidade científica.
Na cultura popular en todo o mundo úsase xeralmente o termo "ovni" para referirse a calquera hipotética nave extraterrestre, aínda que a expresión en si mesma, realmente non define a natureza do fenómeno. As expresións «prato voante» ou «prato voador»[2][3] tamén son usadas para describir aos ovnis; en portugués disco voador[4] ou prato voador[5], en castelán platillo volante[6], todos eles derivados dos termos en inglés flying saucer e flying disc[7] acuñados na década de 1940.