Ovo duro

Ovo duro.
Ovo sobre-cocido, pódese ver completamente callada a xema e a clara.

O ovo duro, tamén chamado ovo cocido ou ovo fervido , é un ovo —polo xeral de galiña— que se cociña coa casca en moira ou auga a ferver durante aproximadamente oito minutos até callaren a xema e a clara[1] O ovo mantén a súa casca íntegra durante a cocedura. O ovo que se cociña sen a casca en auga a ferver con vinagre durante aproximadamente tres minutos até callar a clara coñécese coma ovo escalfado[2].

Os ovos sobrecocidos amosan a clara en cor branca e a xema en cor amarela, completamente solidificadas. De aquí vén a expresión «ovo duro». Os ovos cocidos cómense xeralmente en Europa —máis no norte ca no sur[Cómpre referencia]— e nas Américas, así como noutras partes de Occidente. Xeralmente, considéranse máis doados de cociñar que outras formas de preparar ovos —como tortilla, fritidos etc.—, e os ovos duros sobrecocidos son máis fáciles de cociñar que os ovos lixeiramente fervidos.

Os ovos son unha fonte alimenticia abundante, rica en proteínas na clara e xema, así como vitaminas nesta última. O seu consumo é recomendábel a calquera idade, debendo variar en función do resto de alimentos que compoñan a dieta, actividade física, metabolismo, niveis de colesterol en sangue, etc. Son cantidades aceptábeis e mesmo recomendadas de 3 a 4 por semana para nenos, e de 3 a 5 por semana para adultos. Xeralmente, non se recomendan inxestas maiores por mor do alto contido de colesterol da súa xema, dado que, aínda que os niveis de colesterol no sangue dependen especialmente de factores xenéticos, a predisposición a acumulalo en exceso combátese reducindo a súa inxesta. Respecto das propiedades enerxéticas, un ovo duro achega 80 calorías aproximadamente, mentres ca un ovo cocido achega 100 calorías.

  1. Definición e nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne