PCX

PCX (de PiCture eXchange) é un formato de imaxe dixital que usa a forma simple da codificación run-length (un tipo de compresión sen perdas).

Desenvolvido por Zsoft Corporation de Marietta, Xeorxia (Estados Unidos), foi o formato nativo para o programa Paintbrush de PC, o cal foi un dos primeiros programas de gráficos populares que funcionaban baixo DOS nos primeiros PC. A súa popularidade tamén se debe a que era un dos formatos empregados polo Deluxe Paint, xunto co ILBM.

A maioría dos arquivos PCX usa unha paleta de cor indexada, pero o formato foi ampliado para permitir imaxes de 24 bits. PCX foi bastante popular en sistemas baixo DOS ou Windows, pero actualmente é pouco común, e foi en boa parte substituído por formatos con mellor compresión e prestacións, tales como o PNG ou o JPEG.

Este algoritmo de compresión é moi rápido e emprega moi pouca memoria, pero non é moi eficiente especialmente en fotografías.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne