PO-405 | |
---|---|
Identificador | ![]() |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | ![]() |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,30 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | PO-400 Arbo |
Fin | N 202 ![]() |
A PO-405[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Arbo e a Ponte internacional de Arbo; ambas no concello de Arbo. Ten unha lonxitude de 1,30 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-400 en Arbo e finaliza nun cruzamento coa estrada portuguesa N 202 na ponte internacional de Arbo coa fronteira portuguesa de Paderne do concello de Melgaço (Portugal).